Pérez González

Catedrático/a de universidade

Área de Teoría do Sinal e Comunicacións
Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións

Información de contacto

Universidade de Vigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Despacho A-007
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 124
fperez@gts.uvigo.es

Breve CV

Dr. Enx. de Telecomunicación pola UVigo (1993). Catedrático do Dpto. de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) desde 2000 e coord. do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións GPSC desde a súa fundación en 1995. En 2009-2011 foi titular da Cátedra Príncipe de Asturias na Univ. of New Mexico (EEUU). Xestor do Plan Nacional de Investigación (2007-2010). Impulsor e primeiro Dir. Xeneral de Gradiant (2007-2014), un centro de I+D público-privado con máis de 100 empregados. Os seus intereses investigadores sitúanse na intersección entre o procesado de sinal, a seguridade/privacidade e as coms, en particular problemas en que existe un adversario. Coautor de 65 artigos en revistas internacionais e máis de 170 en actas de congresos. Dirixiu 10 teses de doutoramento. Segundo Google Scholar, recibiu máis de 4600 citas, cun índice h de 30 (en Scopus, excluíndo autocitas, é de 22). Foi investigador principal de máis de 30 contratos coa industria, fundador de sete empresas do sector TIC; as sobreviventes dan emprego a uns 150 enxeñeiros. Ten 14 patentes concedidas, a maior parte internacionais. Investigador principal da UVigo nos proxectos europeos CERTIMARK, ECRYPT, REWIND, NIFTY e WITDOM. Presidente dos comités organizador e técnico de varios congresos internacionais. Editor asociado de diversas revistas internacionais. Desde 2014 é membro da Real Academia de Ciencias de Galicia e desde 2016 membro Fellow do IEEE.

Investigación

Liñas de investigación no programa

  • Procesado do sinal